Antonio Palacios
Centenario Casa Consistorial
Sala de Exposición
Baixar

O ano Antonio Palacios,
un porriñés universal

Este ano O Porriño celebra o 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios. Ademais, conmemora o centenario da inauguración do edificio do Concello, unha das súas obras máis emblemáticas.

O Concello do Porriño deseñou unha ampla programación arredor desta figura universal que foi sempre xenerosa co seu lugar de nacemento.

Antonio Palacios é patrimonio do Porriño.

Autoretrato

Programación

Andaina Antonio Palacios - Interruning.


06/10/2024
2 horas - Prazas ilimitadas
O Porriño
Evento solidario en colaboración con Bicos de Papel, AECC e Banco de Alimentos de O Porriño. Inscricións en www.emesports.es ata o 2 de outubro.

I Concurso de Pintura Rápida Pintando a Palacios.


15/06/2024
10.00 h. - Prazas limitadas
Praza Arquitecto Antonio Palacios
O Concello do Porriño convoca o seu I Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, con motivo da celebración do centenario da Casa Consistorial do Concello do Porriño. Inscricións ata o 10 de xuño.

Centenario da Casa Consistorial do Porriño.


15/06/2024
A partir das 9.30 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios
Celebración dos 100 anos da inauguración do edificio consistorial.

Concerto da Agrupación Musical do Porriño.


15/06/2024
12.30 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios

Interpretación do Himno Galego a cargo do grupo de gaitas Os Coribantes de Buchabade.


15/06/2024
21.00 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios

Entrega dos Premios Antonio Palacios 2024.


15/06/2024
21.05 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios
Un recoñecemento da vila do Porriño á excelencia e dedicación de persoas e organizacións que, co seu traballo incansable, enriquecen a nosa sociedade.

Actuación musical: Rubén Simeó e Cristian Rodríguez.


15/06/2024
22.00 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios

Concerto grupo de gaitas Os Coribantes de Buchabade.


15/06/2024
22.15 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios

Vídeo proxección sobre a Casa Consistorial.


15/06/2024
23.00 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios

Escape room sobre Antonio Palacios.


22/06/2024
10.30 h. -
Praza Arquitecto Antonio Palacios
Xogo dixital de escapismo ao aire libre | Eureka. Reto rural Require inscrición

Liga Nacional de Graffiti.


06/09/2024 ao 08/09/2024
-
Rúa Leandro Diz
Competición nacional de grafitis na que dez dos mellores artistas de grafitis de España realizan obras de arte nun percorrido por varias cidades da península. liganacionaldegraffiti.com
    Detalle Fachada

    Antonio Palacios
    e O Porriño

    “Que Antonio Luciano Juan Palacios y Ramilo naceu na parroquia do Porriño ás dez e media da noite do oito de xaneiro de mil oitocentos setenta e catro na rúa da Praza desta localidade.”

    Este é o texto que figura na partida de nacemento de Antonio Palacios do 8 de xaneiro de 1874. A partir de aquí, o arquitecto medraría no seo dunha familia numerosa formada polos seus pais, o madrileño Isidro Palacios García e Teruel e a porriñesa Jesusa Ramilo Nieves, e seis irmáns: Jesús, Cármen, Amparo, Amelia, Joaquín e José.
    Fonte do Cristo
    Fonte do Cristo
    Fonte do Cristo
    Fonte do Cristo
    Botica Nova
    Botica Nova
    Botica Nova
    Botica Nova
    Casa do Concello
    Casa do Concello
    Casa do Concello
    Casa do Concello
    Templete Metro de San Luis
    Templete Metro de San Luis
    Templete Metro de San Luis
    Templete Metro de San Luis

    As obras
    de Palacios
    no Porriño

    Para a súa vila natal, Antonio Palacios proxectou catro obras: a Fonte do Cristo, a Escola Fernández Areal (tristemente derrubada), a Botica Nova e o edificio da Casa Consistorial. Ademais, O Porriño resgarda tamén a porta orixinal da entrada ao Metro da Gran Vía Madrileña, popularmente coñecida como Templete. Palacios deixou así a súa pegada no seu lugar de nacemento, definindo con símbolos o seu entramado urbano.

    Obras no Porriño

    Sala de exposicións

    O Porriño contará moi pronto cun espazo expositivo dedicado á figura de Antonio Palacios na rúa que leva o seu nome.

    Sala de Exposición

    Sala de exposicións

    O Porriño contará moi pronto cun espazo expositivo dedicado á figura de Antonio Palacios na rúa que leva o seu nome.

    Sala de Exposición
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios
    Cuaderno Antonio Palacios

    A paixón
    polo debuxo

    Houbo quen aseguraba que cando Antonio Palacios visitaba O Porriño en plena construción do edificio do Concello (1919-1924), achegábase ata os canteiros que estaban a traballar na praza e sacaba un lapis do peto para debuxar sobre a propia pedra e guialos no proceso.

    Pero a proba máis emocionante do amor de Palacios polo debuxo son os seus propios cadernos de campo que o acompañaban en excursións e viaxes. Cadernos que son os mellores testemuños da destreza do arquitecto co lapis e nos que debuxou con grande destreza recantos da paisaxe e o patrimonio de Galicia, España e Europa.

    Dibujo Paisaje Dibujo Paisaje

    Premios
    Antonio Palacios

    Non hai mellor figura que a de Antonio Palacios para dar nome a uns premios cos que se quere recoñecer e celebrar as contribucións sobresaíntes nos campos da cultura, a empresa, o deporte e o compromiso social.

    Estes premios son un testemuño da excelencia e a dedicación de individuos e organizacións que, co seu traballo incansable, enriquecen a nosa sociedade.

    Edición 2024

    A outra pegada
    de Antonio Palacios

    Antonio Palacios definiu e caracterizou cada un dos emprazamentos para os que proxectou unha obra. O arquitecto foi deixando a súa pegada dentro e fóra de Galicia deseñando símbolos que quedaron para sempre prendidos nas nosas retinas. Madrid, Galicia, Pais Vasco ou Andalucía, son algúns dos lugares para os que Palacios traballou transformando a súa paisaxe urbana.

    Estas son outras das súas obras destacadas, sobre todo, de Galicia e Madrid.

    Fonte
    da Gándara

    MONDARIZ BALNEARIO,
    1908 - 1909

    Palacios proxectou para Mondariz Balneario o Pavillón da Fonte e a planta de embotellado por encargo do seu amigo Enrique Peinador Vela e a súa familia. Na Fonte da Gándara Palacios amosa unha linguaxe clasicista e, sobre todo, a capacidade para adaptarse aos lugares máis diversos. Esa versatilidade caracteriza toda a súa obra.

    Virxe da
    Rocha

    BAIONA,
    1909 - 1930

    Con esta obra, o arquitecto cambiou para sempre o ceo de Baiona. Situada no Monte de San Roque, a impresionante escultura que domina o Atlántico, é unha proba de que Palacios sentíase feliz cando traballaba con liberdade creativa e a sabendas de que estaba a crear un símbolo que serviría para promocionar a súa querida terra galega. Como curiosidade, a Virxe da Rocha está case xeograficamente situada enfronte da famosa estatua da Liberdade de Nova Iorque.

    Teatro
    García Barbón

    VIGO,
    1911 - 1927

    Logo do incendio que arrasou o Teatro Rosalía de Castro en 1910, o dono, José García Barbón, encárgalle os novos planos a Palacios. O arquitecto porriñés proxecta un edificio complexo con tres funcións diferenciadas: cinematógrafo, casino e teatro. O Teatro é un dos edificios máis representativos da cidade de Vigo.

    Templo Votivo
    do Mar de Panxón

    NIGRÁN,
    1932 - 1937

    En Panxón, sobre un outeiro que mira ao mar e a poucos metros dun arco visigótico conservado, Palacios soñou erguer este templo que significou para sempre o lugar. Un edificio de grande expresividade plástica na que a pedra se presenta cunha forza poderosa. É un dos grandes proxectos galegos de Palacios.

    Templo
    da Veracruz

    CARBALLIÑO,
    1943 - 1952

    É o grande proxecto de Palacios construido en Galicia de temática relixiosa. A primeira pedra colócase o 26 de xuño de 1943, dous anos antes da morte do arquitecto. O xogo de volumes, a potencialidade plástica do granito, dánlle á obra unha significativa expresividade. Palacios non chegou a tempo para vela rematada.

    Palacio de
    Comunicacións

    MADRID,
    1904 - 1919

    En 1903, o goberno quixo utilizar unha parte dos terreos do Retiro para a construcción dun edificio destinado ao correo e as telecomunicacións. Para iso, convocou un concurso a nivel nacional que gañaron Antonio Palacios e Joaquín Otamendi. É a obra que impulsou a carreira de Palacios como arquitecto e a que lle abriría as portas para convertirse nun dos grandes “construtores” do Madrid moderno.

    centenariopalacios.es

    Banco Español
    del Río de la Plata

    MADRID,
    1910 - 1918

    As cariátides deste edificio, hoxe sede do Instituto Cervantes, forman parte da paixase madrileña. Inaugurouse o 29 de abril de 1918 foi un grande exemplo da obsesión de Antonio Palacios por replanificar urbanisticamente á cidade e engrandecela.

    centenariopalacios.es

    Círculo
    de Belas Artes

    MADRID

    Este edificio, adquiriu un destacado valor iconográfico na escenografía urbana do Madrid de principios do século XX. Permancerá sempre coma un símbolo da cidade. O proxecto quixo axuntar a grandiosidade arquitectónica e ornamental coa función artística, cultural e lúdica da institución.

    centenariopalacios.es

    A súa pegada
    no metro
    madrileño

    MADRID

    Antonio Palacios foi o creador dos deseños e da estética das primeiras liñas do Metro madrileño, da organización dos seus accesos e do logotipo do rombo de Metro, entre outros moitos traballos.

    metromadrid.es